martes, 8 de mayo de 2012

Convocatoria Comité Budiño


CONVOCATORIA DE ASAMBLEA DE ESCALADORES POLO COMITÉ DE ESCALADA DE FARO DE BUDIÑO.

O Comité de Regulación da Escalada de Faro de Budiño convoca unha reunión de todos os escaladores de Faro de Budiño para o vindeiro venres 1de xuño as 19:00 no local das federacións na rúa Luís Ksado de Vigo.

O obxectivo da reunión e o de informar das actuacións levadas a cabo polo comité dende a súa creación, dos problemas xurdidos con elas e da situación actual; coa idea de plantexar a renovación, o, no seu caso, a disolución se o colectivo considera que a súa labor xa non e necesaria.

Rogamos a máxima difusión desta convocatoria para que todo aquel que teña interese poda asistir e expresar a súa opinión; así como para comprobar o apoio que poida ter o comité nas decisións tomadas ou en posteriores actuacións.